Dous dos máis veteranos encontros de BD e autoedición do paÃs presentan novas xeiras. Na Coruña bota a andar este 9 de maio o Autobom, mentres en Compostela se daba a coñecer o programa do VII Fun Fun Fun, que se desenvolverá o 7 de xuño na Casa das Máquinas. Ademais, a cidade acolle as charlas integradas en Diversa, a Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea.
O encontro coruñés inicia o seu programa na tarde do dÃa 9 con visitas guiadas á imprenta Borrón. Un faladoiro sobre fanzines queer con Greta Debelius, Yupiyeyo, Paz e Gemmi completará a primeira sesión do encontro. Para o sábado 10 está prevista unha nova xeira da feira de autoedición que contará con corenta iniciativas deste tipo chegadas de todo o paÃs. Canda a isto, haberá faladoiros sobre o emprego da imprenta nos fanzines, a autoxestión emocional no campo da autoedición, con Julia Abalde, Sabela Alonso e Laprislazuli, e unha proba de materiais de debuxo. A xornada acolle tamén presentacións da nova edición do Premio Autobán e do encontro compostelán Fun Fun Fun. O xa habitual partido de Brilé Brutal dará paso a un obradoiro de creación de BD experimental e a unha charla sobre a experiencia de Aarón Moucho co seu obradoiro de serigrafÃa. Unha festa final fechará esta edición do encontro.
Pola súa banda, en Compostela dábase a coñecer este 8 de maio a sétima edición do Fun Fun Fun. A Casa das Máquinas acollerá este encontro de autoedicÃon os vindeiros 6 e 7 de xuño, cun programa que ten como eixe central unha feira dedicada aos fanzines que reunirá 60 proxectos de Galicia e Portugal. A primeiras das xornadas estará centrada na reflexión cunha mesa redonda sobre autoras que falarán sobre os seus proxecto de autoedición e tratarán os formatos e as técnicas neste campo. Unha segunda palestra abordará a produción fanzineira en Portugal, e a xornada contará ademais cunha sesión vermú a cargo de Rusinha B2B Juait. Obradoiros sobre serigrafÃa e tatuaxe non permanente, a presentación do proxecto Uterzine e mais o combate de debuxantes completan unha xoranda que contará coa música de Tonita e de Saibran Yiyi.
Compostela acolle tamén este 10 de maio, no marco de Diversa, a Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea, os encontros abertos cos artistas participantes Open MiiC e mais as Charlas de Edición e Libro Ilustardo FELiiC. Estas últimas contarán coa presenza de profesionais do sector como Ana Jarén, Mariona Cabassa, Harsa ou Emily Eldridge, e inclúen unha mesa especial dedicada ao XX aniversario do Premio Castelao de Banda Deseñada, no que participarán Miguelanxo Prado, Sabela Herrero e as recentes gañadoras do galardón Sandra López DÃaz e Laura Suárez.