Por terceiro ano consecutivo a Unitaria, en Compostela, acolle a terceira xeira do encontro de autoedición Fun Fun Fun!. A iniciativa, que este ano abriu a súa convocatoria dos fanzines e da banda deseñada á autoedición musical, á moda, ao deseño, aos xogos e a diferentes propostas creativas independentes, inicia hoxe dÃa 14 as súas actividades cunha actuación de Xan Solo's e Dj Crono no pub Modus Vivendi. Ata o vindeiro 16 de decembro o programa acollerá debates como os que manterán Alfon Espiño, Alfon Botana e Alfon Zarauza, charlas sobre a autoedición a cargo de MarÃa Von Touceda, unha videorregueifa que enfrontará a Snob Megalove e a Carlos Ares, o mercado de autoedición, un encontro sobre muralismo ou un debate sobre procesos creativos na Banda Deseñada a cargo de Manel Cráneo e de Begoña GarcÃa Alén. Canda a eles MarÃa Yáñez falará da súa experiencia profesional e haberá o xa tradicional combate de debuxantes.