O encontro de autoedición Fun fun fun internacionalízase na súa sexta edición

Autobán convoca o primeiro premio ao mellor fanzine galego

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
O encontro de autoedición Fun fun fun internacionalízase na súa sexta edición

O Centro Sociocultural Santa Marta, en Santiago de Compostela, acolle este 8 de xullo a sexta edición do Fun fun fun. O encontro de autoedición medra nesta xeira co apoio municipal e incorpora unha xornada académica o día 4 sobre "Autoedición, arte gráfica e colectivos independentes entre Galiza e Portugal" que se celebra na Facultade de Xeografía e Historia da USC co apoio do grupo de investigación IDEAHS.

A sesión de análise contará coa presenza de Teresa Moure e da investigadora portuguesa Paula Guerra, que abordará a autoedición no seu país entre 1978 e 2022. Pola súa banda, Miguel Anxo Rodríguez falará sobre "Os espazos independentes e a creación alternativa entre Galiza e o norte de Portugal". A sesión académica finalizará cunha mesa redonda sobre intercambios neste ámbito nas dúas bandas da Raia da man de Miguel Carneiro, Marco Mendes, Berto Fojo e Natalia Umpiérrez.

O día 8, a tradicional feira de fanzines estará acompañada de obradoiros de creación gráfica e audiovisual e mais de fotografía. Unha presentación do proxecto El delicioso con Maru e Cibrán, a Performance Lobopoética con Benxa Otero e Neves Rodríguez, dúas sesións DJ e unha festa final completan o programa.

Pola súa banda, o encontro de autoedición coruñés acaba de anunciar o I Premio Autobán ao mellor fanzine galego. O prazo de inscrición está aberto ata o vindeiro 16 de xuño a todas a publicacións en galego ou realizadas no noso país e autoeditadas entre o 1 de xaneiro de 2023 e o 15 maio de 2024. O premio conta cunha dotación en metálico de 1.250 euros e un trofeo personalizado por Aisha Rey.

Que che parece esta nova?
93 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Autobán, Xeografía, USC, Santiago de Compostela...