Logo de apostar polo carácter virtual nas súas últimas xeiras, o Autobán, Minifestival de autoedición e banda deseñada de autor volta á Coruña de xeito presencial entre os días 12 e 13 de agosto. O programa prevé desenvolver unha nova edición do xa habitual combate de debuxantes, charlas e presentacións.
Como eixe do encontro, o mercado e fanzines reunirá o máis destacado da recente produción autoeditada do país, fundamentalmente no campo da ilustración e da banda deseñada. Deste xeito, no encontro poderán atoparse as últimas entregas de proxectos como o Pixel Argh! de David Calviño, Piños de Raya Cande, os lanzamentos de Figurandorecuerdosedicions, Cruel y estúpido de Roberto M. Soler, as obras libertarias de Bastiana Editora, o ¿Hay alguien ahí? de María Álvarez Hortas ou o proxecto Non tocar de Rubén Rial.
Ademais, na cita estarán presentes exemplares do Cuerpos de Kim Puime e Cris Alborja, o Ars Notoria, centrado en arte dark e retro, o Xacobeo 2049 de Mateo y Gaudino, Adictos al rechazo, do colectivo Ternera Halógena, Marta Grimalt e o seu El Gran Show radio, ou o Proyecto Mandrágora de Antón Yáñez Souto. Ollo á córnea de Miguel Cuba, Unha de gangsters, na que Daniel Beiras e Santy Bernárdez adaptan unha obra de Lino Braxe, ou o Turbolleras de Paz Rodríguez son outras das novidades que asistirán ao encontro.