Nace Autobán, minifestival de autoedición e banda deseñada de autor

Celebrarase de xeito paralelo a Viñetas desde o Atlántico na Coruña

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Nace Autobán, minifestival de autoedición e banda deseñada de autor

Os vindeiros 8 e 9 de agosto os locais The Room e Old School da Coruña acollerán a primeira edición de Autoban. A Asociación Galega de Profesionais da Ilustración convoca este "minifestival de autoedición e banda deseñada de autor" que aspira "recoller as propostas creativas de fóra do circuíto comercial, dándolles difusión e un espazo propio onde amosar, promover e vender este tipo de proxectos". A convocatoria, aberta a fanzines galegos e foráneos, inclúe un mercado para este tipo de publicacións, así como unha Pechakucha night e un combate de debuxantes. Ademais o programa comprende tamén mesas redondas, música ao vivo e sesións de picadiscos.

Que che parece esta nova?
82 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Banda deseñada, A Coruña, Autobán, Viñetas desde o Atlántico...