Viñetas desde o Atlántico e Autobán concentran novos lanzamentos de banda deseñada

Ven a luz Microalgas e Tanta paz leves canda a fanzines como Mus´ Stories ou Verano infinito

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Viñetas desde o Atlántico e Autobán concentran novos lanzamentos de banda deseñada

Como cada ano, a celebración paralela de Viñetas desde o Atlántico e mais do encontro de autoedición Autobán concentran a presentación de novidades da banda deseñada galega. No campo editorial, acaba de se dar a coñecer a edición en galego de Microalgas, publicación didáctica da Universidade da Coruña realizada por Xulia Pisón e que xa vira a luz como autoedición en castelán. Canda a isto, Demo Editorial presenta Tanta paz leves, segunda obra de Tomás Guerrero na que o autor muda de estilo gráfico para abordar a complexidade sociopolítica de Europa durante a última posguerra.

No campo da autoedición, o Autobán acolle unha ampla listaxe de presentacións, con proxectos como Verano infinito, compilación de tres historias a cor de Diego Blanco nas que o autor aposta polas posibilidades narrativas do debuxo cun uso limitado das palabras. Tamén ve a luz nesta cita Mus´ Stories, unha obra de humor protagonizada por un ourizo e unha rata ou o novo traballo de Pepe Mansilla, 25 motivos para ser do Dépor.

A coincidir con estas presentacións, anúnciase en Estados Unidos o terceiro número da edición americana de O último día, guionizada polo vigués Fernando Llor e con debuxo de Ángel Bernuy. A editorial Tidalwave Productions é a responsable deste lanzamento.

Que che parece esta nova?
74 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Autobán, Viñetas desde o Atlántico, Banda deseñada, Atlántico...