O Arquivo de Galicia presentou a exposición "Fillas de Galicia. Mulleres na emigración", coa que quere "poñer de manifesto a desigual participación que homes e mulleres tiveron nas asociacións de emigrantes". A partir de 56 documentos procedentes en gran medida da Casa de Galicia de Montevideo e da asociación "El Penedo Hogar gallego" (Barcelona), pódese observar a participación das mulleres en diferentes ámbitos. Os documentos son libros de actas, fotografÃas, historias clÃnicas e solicitudes para beneficiarse do programa Reencontros da Xunta de Galicia. A maiores, inclúense outros documentos da relación da Administración galega con outras comunidades do exterior. A mostra pódese vivistar no vestÃbulo da Biblioteca e Arquivo de Galicia.