O Arquivo de Galicia na Cidade da Cultura inaugurou onte, coincidindo co 8 de marzo, a exposición 'Voces esquecidas. As mulleres do Hospital de Conxo' unha pouco habitual mostra de documentos centrada na saúde mental abordada desde unha perspectiva de xénero. A través de 57 pezas, do fondo do Hospital Psiquiátrico de Conxo transferido ao Arquivo de Galicia polo Servizo Galego de Saúde en 2012, móstrase o relato das mulleres internadas no centro, posto en marcha en 1885 e un dos máis antigos da penÃnsula, por cuestións consideradas na época enfermidades mentais. A exposición trata de visibilizar a condición das persoas dobremente estigmatizadas por ser mulleres e tratadas de loucas, un tema que foi tabú durante anos. MarÃa del Mar GarcÃa Miraz, Concepción GarcÃa e Miguel López son os comisarios desta exposición situada no vestÃbulo da Biblioteca e Arquivo de Galicia. O percorrido amosa expedientes de ingreso, diagnósticos médicos, historias clÃnicas ou mesmo correspondencia das propias internas. Nesta documentación quedan patentes os patróns de xénero propios da época. A mostra poderá verse ata setembro e está enmarcada na serie Mulleres Sobranceiras que cada ano se organiza con motivo do DÃa Internacional da Muller.
A mostra recolle os expedientes das dúas primeiras mulleres ingresadas no Hospital Psiquiátrico, en 1885 e 1886. Complétase con fotografÃas antigas, como a dos talleres nos que acababan facendo tarefas do fogar como lavar a roupa, ou documentos relacionados coa xestión do centro a nivel administrativo, como son os libros de rexistro de materiais. A exposición exhibe cartas cargadas de significado enviadas por homes aos médicos en agradecemento pola cura das súas mulleres "que antes eran tristes", reza nalgún dos casos. Tamén correspondencia das propias internas a familiares expresando as súas vivencias, que nunca foron enviadas e se utilizaron para o seu seguimento clÃnico. O Hospital Psiquiátrico de Conxo foi desde a súa creación en 1885 ata 1953 o principal centro de asistencia psiquiátrica de Galicia. Os documentos conservados pertencen a unha época na que, segundo explica a comisaria da mostra, "moitas persoas foron consideradas doentes mentais e illadas da sociedade por non adaptarse ás regras sociais establecidas. No caso das mulleres sufrÃan, ademais, a aceptación de que o seu sistema nervioso e reprodutivo as facÃa máis propensas a desordes patolóxicas, sendo diagnosticadas, como se le literalmente nos expedientes, con loucura histérica, loucura xenital, psicose melancólica ou de pasións violentas".