O Arquivo do Reino de Galicia expón os documentos da Guerra da Independencia

A mostra Guerra, revolución e reacción. Os comezos dun século de cambios pode verse ata o 26 de setembro

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
O Arquivo do Reino de Galicia expón os documentos da Guerra da Independencia

Mapas, gravados, libros, proclamas, moedas ou mesmo o sabre do Mariscal Soult. O Arquivo do Reino de Galicia súmase á conmemoración do bicentenario da Guerra de Independencia coa exposición Guerra, revolución e reacción. Os comezos dun século de cambios, que abría onte nas instalacións deste organismo na Coruña. A exposición, que se poderá ver ata o vindeiro 26 de setembro, recolle fondos de época do propio Arquivo, canda a bens conservados no Arquivo Municipal da Coruña, nos museos de Belas Artes da cidade, no Museo Quiñones de León de Vigo, e mesmo obxectos de propiedade particular. Máis do que na loita en si, a mostra amosa os procesos sociais do momento, a diplomacia e a vida na retagarda, ao tempo que incide as mudanzas provocadas pola invasión francesa. Os movementos de cambio social que se deron asociados ao conflito e mais a reacción subseguinte contan tamén co seu apartado na mostra. Nunha última parte, a exposición céntrase nos rastros que esta contenda deixou na memoria colectiva, coma nomes de rúas ou publicacións.

Que che parece esta nova?
71 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Guerra, Reino de Galicia, Arquivo do Reino de Galicia, A Coruña...