A illa de Ons exhibe o seu patrimonio arqueolóxico

Refórmase o Centro de Intepretación para acoller os achados das campañas arqueolóxicas

  • A illa de Ons está a ofrecer nos últimos anos importantes novidades arqueolóxicas a partir da intervención nas factorías de salgadura e elaboración de púrpura, así como no veciño castro do Castelo dos Mouros. Agora unha escolma dos materiais...

O Proxecto Palcos pon na rede un mapa con 200 destas construcións

A investigación achega datos sobre os novos usos destes espazos entre outros contidos

  • Case douscentos palcos de música, xeolocalizados, con imaxe e con referencia ás festas que se celebraba neles, conforman o primeiro mapa do Proxecto Palcos que desenvolve o Instituto de Ciencias do Patrimonio. A colaboración cidadá permitiu acumu...

O documental 'Rapa' chega ás salas de cine

Estreouse onte cun acto nos Cantones Cines da Coruña

  • A estrea da longametraxe documental "Rapa", dirixida por Alejandro Enríquez, encheu este xoves a sala dos Cantones Cines da Coruña coa numerosa presenza dun público que aplaudiu con entusiasmo a ópera prima do director. O filme chega ás salas es...

O CCG aprecia unha "leve desaceleración" do sector cultural en 2023

Presentouse o Barómetro da Cultura 2024

  • Aínda que os datos xerais son de crecemento do sector cultural son positivos, os técnicos do Observatorio da Cultura do Consello da Cultura Galega aprecian unha "minoración na velocidade de crecemento" do sector cultural galego. Así o manifestou ...

A Xunta convoca as axudas á modernización e xestión de espazos de cine e artes escénicas

Entre as dúas liñas de subvencións suman un orzamento de 880.000 euros a cargo de fondos europeos

  • O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as bases das subvencións a infraestruturas de artes escénicas e musicais, dotada con 500.000 euros. Veñen engadirse estás axudas ás publicadas onte coa convocatoria anual destinada a salas de cine, para a...

O mosteiro de Bon Xesús de Trandeiras inicia nova etapa lonxe da ruína

Nesta fase reconstruíronse os restos deste conxunto do século XVI e das súas infraestruturas hidráulicas

  • Chegou á fin a obra da fase de consolidación de infraestruturas hidráulicas e de reconstrución do mosteiro de Bon Xesús de Trandeiras na Limia. O mosteiro, orixinario nas súas partes máis antigas do ano 1523, está incluído no Plan Básico Au...

A serie Así falamos, así sentimos leva a Nabiza Girl á animación

O personaxe creado por Isabel Risco para a escena xa fora adaptado á banda deseñada e ao audiovisual

  • As redes sociais Instagram e TikTok acollerán ao longo do mes de marzo o lanzamento dos seis episodios da serie Así falamos, así sentimos . O proxecto supón a adaptación á animación stop motion de Nabiza Girl, personaxe creado por Isabel Risco...

The Rapants poñen en marcha 'La máquina del buen rollo'

A banda de Muros presenta as súas esencias e a evolución do seu son co seu terceiro LP

  • Os muradáns The Rapants son hoxe en día unha das bandas máis presentes da escena galega do pop, desde que en 2021 gañaron o concurso de bandas emerxentes Sonidos Mans Salas a formación non fixo máis que aumentar a súa presenza e alcance en sal...

Un Velázquez viaxa do Prado a Lugo

A obra 'Sibila' exporase no Museo Provincial grazas a un programa de cesións temporais do Museo do Prado

  • "A arte que conecta" é o nome do programa polo cal o Museo Nacional do Prado, grazas á colaboración de Telefónica, vai espallar este ano ata 18 obras mestras do seu fondo por outros museos da xeografía española. Esta iniciativa presentada hoxe ...

Como preservar un patrimonio que non se ve (nin se sente)

Expertos debaten ao redor da investigación e posta en valor das aldeas prehistóricas das que apenas fican trazas visibles

  • "Ata o momento, polos datos que dispoñemos, Galicia ten 20.004 sitios arqueolóxicos catalogados", explica Roberto Pena, xefe do servizo de Arqueoloxía da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia. "Deles, 16.800 son xacementos co...

O arquivo do Pazo de Froián pasa a mans do CSIC

A doazón achega unha ducia de caixas de documentación histórica sobre este monumento de Sarria

  • O Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (IEGPS), integrado na delegación galega do Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC), recibía este 12 de marzo a doazón do arquivo documental do Pazo de Froián, en Sarria. Os irmáns Aug...

Milladoiro celebra o 45 aniversario do seu primeiro concerto na Coruña

A senlleira formación conmemorará a efeméride o 19 de maio cun espectáculo no Pazo da Opera

  • O 15 de maio de 1979 no teatro do colexio Salesianos da Coruña unha nova formación de música folk subía ao escenario a estrearse ante o público baixo o nome Milladoiro. Co tempo esta formación chegou a acadar grande popularidade alcance así co...

Dakidarría presentan o directo da súa conmemoración de vinte anos

O disco 'XX' recolle o concerto celebrado no festival Revenidas no que tiveron máis de 50 colaboradores

  • Os Dakidarría colléronlle gusto a gravar os seus directos conmemorativos. Se fai agora 8 anos a banda presentaba o disco en directo en formato CD-DVD 'De cuncas e de mar' (2016), co que celebraban os seus 13 anos de traxectoria agora o motivo foi a...

A actriz María Barcala recibirá o Premio de Honra Marisa Soto

Vero Rilo asina este ano o Manifesto galego do Día Mundial do Teatro

  • A Xunta Directiva da Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) ven de facer pública a concesión do Premio de Honra Marisa Soto deste ano á actriz María Barcala (Vila de Cruces, 1957). Este é o galardón que se entrega na gala dos Premi...

Un simposio reivindica a figura do filólogo Xosé Luís Pensado este 15 de marzo

Foi un dos maiores especialistas no Padre Sarmiento e realizou importantes achegas no campo da lexicografía

  • Xosé Luís Pensado Tomé, falecido en Salamanca no ano 2000, foi catedrático de Filoloxía Románica e Filoloxía Galaico-Portuguesa na universidade desta cidade. Ademais, foi membro da honra da Real Academia Galega, correspondente da española e m...

Encarna Penelas lega a Vigo a súa colección de arte

A artista está ser obxecto dunha mostra retrospectiva e decidiu deixar ao concello en legado 157 obras propias e alleas

  • O pasado mes de decembro a Casa Galega da Cultura do Concello de Vigo inauguraba a exposición "Hai vinte anos disto. A escultora Encarna Penelas en retrospectiva", unha mostra que serviu de recoñecemento á escultora e pintora viguesa de adopción ...

Na procura da borrosa traza da violencia

Localizan no castro de Elviña indicios dunha destrución intencional

  • O arqueólogo Samuel Nión busca no castro de Elviña (A Coruña) os motivos do desmantelamento dunha parte importante do castro no século I d.C. Trala procura, está o obxectivo de detectar algo ata agora non visto nos castros galegos: as trazas ar...

Identidade á carta: As 40 en cultura

As propostas por representar a cultura galega en barallas multiplícanse nos últimos anos

  • Os naipes están a se revelar como un espazo especialmente fecundo á hora de facer representacións da nosa identidade colectiva. Case unha trintena de propostas diferentes seleccionaron nas últimas décadas iconas da cultura galega para nos repres...

A Xunta e o Concello da Coruña acordan impulsar a declaracións como BIC dos murais de Lugrís

As ofertas para adquirir as obras oscilan entre 30 e os 40.100 euros

  • O Concello da Coruña e a Xunta de Galicia anunciaron este 28 de febreiro que impulsan conxuntamente a declaración como Ben de Interese Cultural para os murais de Lugrís que se conservan na rúa Olmos. Logo de meses nos que este expediente estaba, ...

Primeira criba para os Premios Follas Novas do Libro Galego

Os colectivos que organizan os galardóns elixen o listado de candidaturas

  • Case un cento de obras conforman a primeira selección de candidaturas aos premios Follas Novas do Libro Galego, sobre os títulos publicados ata o último día de novembro do pasado 2023. Os colectivos que organizan estes galardóns, Asociación de ...