A estrea da longametraxe documental "Rapa", dirixida por Alejandro EnrÃquez, encheu este xoves a sala dos Cantones Cines da Coruña coa numerosa presenza dun público que aplaudiu con entusiasmo a ópera prima do director. O filme chega ás salas esta semana con pases nas provincias da Coruña e Pontevedra, para logo continuar a súa xira de proxeccións por todo o paÃs. Este documental amosa a situación de perigo de desaparición do cabalo galego de monte, parella á situación de abandono do rural, só unhas poucas bestas resisten acosadas polos cuatreiros, os lobos... e agora tamén polos parques eólicos segundo explica a sinopse. Neste contexto a pequena aldea de Sabucedo preserva algo único: un vÃnculo ancestral e Ãntimo cos cabalos salvaxes. Os conflitos dos cabalos son os conflitos da comunidade pero case non quedan veciños para defender o territorio. Unha vez ao ano a aldea celebra a "Rapa das Bestas" e 15.000 persoas acoden a presenciar o atávico, os veciños cortando as crinas dos cabalos nun enfrontamento corpo a corpo. Pero todos marchan e ninguén ve a realidade detrás da Rapa: cada ano hai menos bestas no monte e menos xente na aldea. O filme inicia un percorrido por diferentes salas galegas e nesta fin de semana poderase ver nas loacalidade de Ferrol, Cee, A Estrada, Caldas, Santiago de Compostela e Vigo. Algúns dos pases contarán coa presenza do director e a súa intervención.