A Rapa das Bestas de Sabucedo entra na era dixital coa retransmisión en directo do evento

Rapa con web

| Santiago. Redacción | Seccións: Escolle sección
Compartir:
Esta fin de semana comezou a temporada de rapas en Galicia. Á de Candoso en Viveiro e á de Sabucedo en A Estrada sucéndelle preto dunha decena de rapas que terán lugar no verán por toda Galicia. A máis coñecida é a de Sabucedo que este ano incorporou unha serie de novidades. En 1997 algúns dos cabalos marcados co ferro levaban o distintivo “Cabalo Galego de Monte” que lle permitía realizar un seguimento científico destes animais. O tradicional marcado substituíuse este ano por un microchip que permitirá coñecer a situación dos cabalos no monte. Ademais, este ano a rapa das bestas dentro do curro retransmitiuse a través de internet desde a páxina web do concello de A Estrada.

Máis información en El Correo Gallego e no web do Concello de A Estrada

Que che parece esta nova?
53 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rapa, Internet, El Correo Gallego, Viveiro

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares