Tres rapas das bestas para a primeira fin de semana de xullo

O curro de Sabucedo contará cun festival folk

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Tres rapas das bestas para a primeira fin de semana de xullo

É un dos espectáculos máis espectaculares do verán galego: a baixada dos cabalos bravos do monte, o seu marcado e o corte das crins. Se a metereoloxía o permite, contaremos con tres rapas das bestas en puntos moi diferentes do país. Entre o sábado e o luns celebrarase o curro de máis sona de Galicia, o de Sabucedo (A Estrada, Pontevedra). Este ano, Sabucedo contará por terceira ocasión co festival folk Sons da rapa, para as noites na carballeira da aldea. Pero tamén en San Andrés de Boimente (Viveiro-Lugo) celebrase o Curro de Candoso, e no concello coruñés de Zas os amantes da etnografía e os cabalos poderán achegarse ao Curro de Carreira.

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rapa, Folk, Etnografía, Viveiro...