O CCG aprecia unha "leve desaceleración" do sector cultural en 2023

Presentouse o Barómetro da Cultura 2024

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Rosario Álvarez e Håkan Casares. Foto: Tere Navarro / CCG

Rosario Álvarez e Håkan Casares. Foto: Tere Navarro / CCG

Aínda que os datos xerais son de crecemento do sector cultural son positivos, os técnicos do Observatorio da Cultura do Consello da Cultura Galega aprecian unha "minoración na velocidade de crecemento" do sector cultural galego. Así o manifestou Håkan Casares durante a presentación do Barómetro da cultura 2024 que presentou esta mañá a institución. O Barómetro realiza unha ampla enquisa a máis de mil entidades do sector cultural, incluíndo tanto públicas como privadas e lévase realizando desde o ano 2000, agora con periodicidade anual. No informe deste ano un 40% das entidades dixeron que tiveron un 2023 mellor que o ano anterior, aínda que as expectativas non se cumpriron: pensaban que 2023 resultaría mellor do que finalmente foi. Tamén se detecta -cunha gran variación entre sectores- dificultades para atopar persoal cualificado e produciuse un descenso nas actividades para impulsar a internacionalización. Os datos tamén apuntan a un leve incremento da demanda cultural con respecto a 2022. A publicación pode descargarse de balde no web do Consello da Cultura Galega.

Que che parece esta nova?
69 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Observatorio da Cultura do Consello da Cultura Galega