
O novo Barómetro da Cultura Galega presentado onte polo CCG indica que o 51'7% das entidades culturais galegas non solicitaron subvencións, "a cifra máis alta desde que se fai o barómetro, o ano 2021. "A tendencia é que cada vez menos entidades soliciten subvención", sinala o informe, quen destaca que son os empresarios autónomos os que maioritariamente non as solicitaron, aÃnda que os sectores que optaron por non facelo son aqueles dedicados ao comercio de libros e publicacións periódicas, ás artes visuais, á arquitectura e á publicidade. "Foron as entidades máis grandes as que maioritariamente solicitaron e obtiveron subvencións, fronte aos demais segmentos de cada un deses cruzamentos, onde foi máis habitual non ter feito solicitudes ao respecto”, explica informe. En función das contÃas totais recibidas, máis da metade, o 54,8%, recibiu 10.000 euros ou menos e un 18,3% máis de 50.000 euros. No entanto, en función da facturación, aquelas que facturan de 500.000 euros en diante conseguiron no 53,2%, máis de 50.000 euros.
O Barómetro, realizado a partir de entrevistas a 976 entidades culturais galegas, desde empresas ata administracións, destacou que no ano 2024 "un 39% das entidades que a compoñen considera que este ano pasado foi igual que o anterior e o 37% afirma que tivo unha evolución mellor". Só ao 21,9% lle foi peor. A pesar dese contexto xeral positivo, os valores son inferiores aos anos da recuperación, 2021 e 2022. "As entidades da cultura prevén que 2025 continúe nun escenario de estabilidade" afirma o estudo. O informe pode descargarse de balde no web do Consello da Cultura Galega.