As entidades culturais do país realizan máis do 50 por cento da súa actividade en galego

O CCG publica o informe 'A produción en lingua galega no ámbito cultural'

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
As entidades culturais do país realizan máis do 50 por cento da súa actividade en galego

Un novo informe permite ver as grandes diferencias no uso do galego para as súas actividades e produtos por parte dos diferentes ámbitos do sector cultural. Deste xeito, os departamentos de cultura das administracións públicas son o ámbito máis galeguizado, cun 87,5% das súas actividades na nosa lingua, mentres que as actividades de comercio de libros e publicacións periódicas os que menos o empregan, cun 25,2%. Os datos proveñen do informe A produción en lingua galega no ámbito cultural elaborado polo Observatorio da Cultura Galega do Consello da Cultura Galega a partir dos datos do Barómetro da cultura galega explotados pola institución. Segundo o informe, un 7% das entidades non emprega nunca o galego, e un 17,8% destas, nas que se inclúen tanto institucións como empresas, usan exclusivamente a lingua galega para as súas actividades. Non só os departamentos de cultura das administracións públicas son as entidades que máis o usan, senón que as bibliotecas e arquivos, cun 65%, teñen as porcentaxes máis elevadas. Un dato significativo é que as entidades cunha facturación baixa, inferior aos 50.000 euros anuais, son as que máis empregan o galego (un 60%) fronte aquelas de facturación máis alta (máis de 500.000 euros), nas que a lingua é usada para as súas actividades nun 47%. O informe pódese descargar completo no web do CCG.

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Ti a Twitter, eu a Facebook

Ti a Twitter, eu a Facebook

Un informe do Observatorio da Cultura Galega estuda as diferencias de xénero na cultura galega

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lingua galega, Bibliotecas, Observatorio da Cultura Galega, Consello da Cultura Galega