As Tanxugueiras continúan a ser o máis destacado da cultura galega no 2023 (un 10,3%), aÃnda que seguida de moi preto polo festival O Son do Camiño (10.1%). Entre os cinco primeiros resultados están tamén o filme O Corno (7,4%), Yolanda Castaño co Premio Nacional de PoesÃa e a publicación de Materia (5,5%) ou o filme As Bestas, de Rodrigo Sorogoyen (5,5%). Asà o revelan as respostas de 960 entidades da cultura galega, entrevistadas polo Observatorio da Cultura Galega para o informe anual Barómetro da cultura, que realiza unha "diagnose avaliativa que retrata a situación, evolución, eivas, fortalezas e perspectivas das entidades culturais galegas". En concreto, preguntouse ás entidades polos "tres eventos, accións culturais, persoas ou entidades máis salientables da cultura galega do ano 2023". A porcentaxe expresa a coincidencia nas respostas do conxunto de entidades.
Tanto as Tanxugueiras, coa súa participación no Benidorm Fest, como O Son do Camiño xa obtiveran posicións destacadas no ano 2022, cun 21,1% e un 10,4% da mostra respectivamente. En xeral, o ámbito musical acada importantes referencias, como o dúo Fillas de Cassandra (1,5%) ou LeilÃa e a súa xira de despedida (1,2%). No ámbito audiovisual destacan tamén figuras individuais como Luis Tosar (1,4%) ou Luis Zahera (0,9%), asà como outras mencións "en relación coa crecente importancia da visibilidade e recoñecemento deste ámbito da cultura", como a Academia Galega do Audiovisual e os Premios Mestre Mateo (1,1%), ademais doutros festivais ou os contidos en galego das plataformas.
As diferentes programacións e os festivais ocupan tamén unha posición relevante, como os eventos culturais do Camiño de Santiago (4%), aÃnda que menor comparado co Xacobeo (22,3%) e ao mesmo nivel que a programación da Cidade da Cultura (4%).
Na mostra destaca tamén a presenza dos premios literarios, con Yolanda Castaño ou Paula Carballeira e o seu Premio Nacional de Literatura Dramática (2%), asà como a relevancia singular de autores como Ledicia Costas (0,7%) ou Arantza Portabales (0,3%).
No plano das artes visuais destaca a "Celebración Picasso 1973-2023", en referencia á exposición Picasso branco no recordo azul do Museo de Belas Artes da Coruña (1,8%), e tamén as exposicións da Fundación Marta Ortega, sobre todo a de Helmut Newton (1,6%), e as exposicións Cidades no tempo (0,7%).