Os novos datos do III Barómetro da Cultura, publicado hoxe polo Consello da Cultura Galega, revelan a tendencia de recuperación do sector cultural trala caÃda nos momentos máis crÃticos da pandemia. Un 66% das empresas do sector declaran que xa teñen unha actividade normal, o cal supón un incremento dun 12% con respecto co Barómetro anterior, do mes de xaneiro. O subsector das artes escénicas continúa a ser o que está padecendo máis o impacto da crise sanitaria, cun 20% das súas empresas aÃnda sen ningunha actividade.Segundo os datos recabados polo Observatorio da Cultura Galega, nestes momentos o 50,7% das empresas xa non empregan ningunha medida contra a pandemia. A porcentaxe de teletraballo reduciuse e os ERTE están a ser aplicados nun 12,7% das empresas, fronte a un 38,6% da medición anterior. O estudo pode descargarse completo no web do Consello da Cultura Galega.