O Consello da Cultura Galega ven de facer público o informe “Conxuntura estatÃstica do ámbito cultural. Outubro de 2020” elaborado polo seu Observatorio da Cultura, o segundo que reflicte as consecuencias directas da pandemia e as restricións sobre as industrias culturais. A primeira conxuntura publicouse no mes de xuño e os principais resultados dese informe confirmaban un parón importante na creación de empresas culturais e, principalmente, o impacto negativo que tivo sobre o emprego neste caso o Observatorio da Cultura asegura que superado o confinamento, o sector da cultura mantivo unha pequena recuperación pero está lonxe dos niveis anteriores ao inicio da pandemia. Esta conxuntura vén reforzar algunhas das situacións analizadas nese primeiro Barómetro da Cultura Galega do mes de xullo onde, á marxe de coincidir en describir unha situación xeral negativa no tecido produtivo da cultura, constatouse unha vulnerabilidade especial das empresas pequenas e das que desenvolven actividades relacionadas coas artes escénicas e musicais que teñen as peores expectativas.
Nas contas económicas trimestrais de Galicia, que constataron unha caÃda trimestral no segundo trimestre do 14,5% do PIB, as actividades de información e comunicación, entre as que se atopan a edición, as actividades cinematográficas, de vÃdeo e de programas de televisión, experimentaron unha redución do 9,3% do seu Valor Engadido Bruto. Esta Conxuntura estatÃstica permite ver que as actividades artÃsticas e recreativas experimentan o segundo descenso máis importante (-30,5%), só por detrás do comercio, transporte e hostalarÃa. Con respecto do emprego nas empresas culturais, este informe sinala que despois dos grandes descensos dos meses de marzo e abril, nas empresas culturais iniciou unha recuperación. Malia isto, ese incremento foi lixeiramente menor no ámbito da cultura (+3,4%) que no conxunto do emprego (+3,6%), como destaca este documento. Se se compara cos grandes sectores produtivos, o sector cultural é o que sufriu máis perdas no número de afiliacións neste ano (-2,6%), por diante da industria ou do conxunto do sector servizos. A afiliación á Seguridade Social no noso paÃs en setembro de 2020 nas principais ramas culturais é de 15.384 persoas o que supón unha baixada en todas as ramas da cultura especialmente acusada nas actividades de creación, artÃsticas e espectáculos (-9,4%). Só aumentaron as actividades de publicidade e estudos de mercado (un 3,4%). O 38,6% das empresas da cultura solicitaron un ERTE, con maior frecuencia nas artes escénicas e no sector do libro e a prensa.
Futuros peches e despedimentos
Segundo constata este documento de traballo do Observatorio o 6,6% do total do persoal foi despedido ata o mes de xuño e prevese despedir a outro 9,4% antes de fin de ano. Por sectores, a previsión de realizar despedimentos é maior nas empresas das artes escénicas e nas máis grandes.
O 11,9% das empresas consideran a posibilidade de proceder ao peche, porcentaxe que se eleva ata o 27,5% no caso das empresas das artes escénicas, sinala esta Conxuntura. O 60,7% das empresas culturais de Galicia reduciu a facturación en máis do 50% e para o 37,6% esta redución foi superior ao 75%. Esa intensa caÃda nos ingresos é máis habitual e dentro do sector das artes escénicas e canto menor é a empresa. Nas súas previsións a maiorÃa das empresas da cultura prevén caÃdas de facturación para o que queda de 2020 de entre o 26% e o 50% (29,4%) ou de entre o 51% e o 75% (27,4%). Prevén maiores caÃdas tamén as empresas máis pequenas e as das artes escénicas. O informe inclúe tamén a previsión que o Foro Económico de Galicia fixo da evolución do sector cultural nos vindeiros meses asà coma os posibles escenarios de recuperación. A súa prospección prevé caÃdas no PIB galego de entre o 8,5% e o 18,9%, e estima que o conxunto do sistema produtivo da cultura sufrirá un impacto máis severo que o conxunto da economÃa.