O Observatorio da Cultura Galega, do Consello da Cultura Galega, ven de facer público o Barómetro da Cultura Galega II. Xaneiro de 2021, no que ofrece unha radiografÃa clave do sector e o compara cos primeiros resultados tras a primeira vaga da crise sanitaria. O novo informe constata que o ano 2021 comezou para o sector cultural cunha maior adaptación á situación actual e que as cifras de facturación foron menos negativas do que se agardaba inicialmente. Asà o sosteñen neste documento as cifras que xorden dun estudo realizado en xaneiro e no que repetiron a súa participación 237 das 303 empresas que conformaron a mostra anterior, de xullo de 2020. O estudo revela asemade que as empresas dedicadas ás artes escénicas son as que teñen máis problemas derivados da restrición da capacidade dos recintos, as que máis tiveron que pechar, as que aplicaron máis ERTE e as que teñen unhas maiores dificultades á hora de desenvolver a súa actividade. Os efectos da terceira vaga desde xaneiro e as restricións derivadas desta sobre as industrias culturais quedan fóra do ámbito temporal deste estudo.
Este barómetro, accesible a través da páxina web do Consello da Cultura Galega, constata que a situación para o sector da cultura é menos dramática do que o propio sector vaticinaba o verán pasado. Esta afirmación baséase, segundo o Observatorio, en primeiro lugar "na porcentaxe de empresas que chegou a xaneiro traballando con normalidade, é dicir, sen aplicar ningunha medida especÃfica", é do 34,9%, cando na primeira edición do estudo era só o 5,3% do total. En segundo lugar, porque a facturación nesa data resulta "algo maior do que se esperaba". Se en xullo de 2020 o 43% das empresas afirmaban que perderÃan máis da metade da facturación, en realidade os datos constatan que só sucedeu no 29% dos casos ao comezar o ano. E, en terceiro lugar, outro indicador desta paulatina adaptación á "nova normalidade" é o incremento de 10 puntos da porcentaxe de empresas que en xaneiro tiñan os seus traballadores activos, é dicir, das que teñen entre o 76% e o 100% do seu persoal traballando. AÃnda asÃ, nos últimos seis meses incrementouse en 3,5 puntos a porcentaxe de empresas que acometeron algún despedimento de persoal (do 9,2% de xullo ao 12,7% de xaneiro).
Valoración das administracións e medidas demandadas
O barómetro do Consello da Cultura Galega tamén mide a valoración do sector sobre o apoio establecido polas diferentes administracións e expón as principais demandas que este fai para superar a crise e sacar adiante as empresas e os postos de traballo. Segundo os resultados do estudo en comparación co de xullo, houbo unha baixada importante na apreciación das medidas tomadas pola Administración do Estado, algo menor na Administración autonómica. Só a local logra certa mellora (0,16 puntos máis), o que non evita que siga a ser a peor valorada. A súa principal demanda son as axudas directas ou as subvencións a fondo perdido, que medrou 10 puntos desde o pasado mes de xullo, ata situarse no 55,3%). A segunda medida máis solicitada é a supresión ou rebaixa de impostos e seguros sociais (cÃtana o 52,7%) e as axudas fiscais (o 44,7%). Con porcentaxes por riba do 30% atópanse medidas como a flexibilización e rapidez das axudas, o aprazamento no pago de impostos e seguros sociais (36,7%, 10,1 puntos máis), o incremento do gasto público en produtos e servizos culturais (33,7%) e a reactivación canto antes dos circuÃtos de concertos e teatros (30%). Esta última medida xunto co incremento das capacidades permitidas nas salas de concerto, teatros, cines etc. (24%) son as que experimentaron un maior aumento na súa mención dende xullo (16,4 e 17 puntos porcentuais máis que entón, respectivamente).