En 2020 o Consello da Cultura Galega promoveu a posta en marcha dun traballo de investigación co fin de explorar a situación das empresas culturais galegas e avaliar o impacto da crise sanitaria no ámbito cultural. O obxectivo era describir o estado, evolución, necesidades e perspectivas das empresas culturais galegas. O cuarto Barómetro da Cultura Galega do CCG presentado hoxe supón un salto cualitativo respecto aos anteriores, froito dun esforzo técnico e orzamentario que permitirá abarcar cunha ampla perspectiva a percepción sobre a situación do sector cultural que manexan os axentes implicados nel.
Nesta entrega do informe realizado polo Observatorio da Cultura, que pasa dunha periodicidade semestral a publicarse anualmente, realizáronse máis de 900 enquisas persoais a axentes culturais, o triplo que nas anteriores, nunha ampliación do "universo" de suxeitos que responde á complexidade da delimitación do propio sector. Os resultados proveñen das respostas a un cuestionario administrado a unha mostra representativa do universo cultural galego, na que finalmente participaron un total de 902 representantes de entidades (empresas, asociacións, fundacións, administracións públicaS...). Esta aproximación máis ampla resultou na identificación de ata 11 sub-sectores dentro do mundo da cultura. En palabras do coordinador do Observatorio, Hakan Casares: "non hai un directorio que diga: isto é a cultura. Hai que crealo". Este informe inicia un novo camiño ambicioso destas publicacións do Consello da Cultura Galega e haberá que agarda ata os primeiros meses do 2023 para a seguinte entrega doutro que actualice.
Xacobeo, festivais e Tanxugueiras
Os eventos culturais do Xacobeo e, máis en xeral, co Camiño de Santiago encabezan a lista dos "eventos ou accións culturais máis destacados na cultura galega en 2021", segundo os axentes consultados, unha das novidades deste IVº barómetro, respecto aos anteriores. A enumeración de ata trinta eventos ou nomes máis repetidos nesta lista deixa unha instantánea do 2021 no que se refire ao impacto percibido neste amplo sector por determinados elementos ou situacións que tiveron lugar durante o 2021. A activación cultural relacionada co Ano Santo Compostelán acadou o máximo consenso nas enquisas, nunha porcentaxe do 22,9 por cento de repeticións, a bastante distancia do resto das respostas. Este dato é coherente con outra parte da enquisa pola que o 26,8% do persoal directivo indica que as accións ligadas ao Xacobeo en 2021 tiveron un efecto na súa entidade e un 29,1 espera un impacto tamén positivo en 2022. Malia iso, 7 de cada 10 entidades que participaron no estudo recoñecen que non perciben ningún efecto derivado das accións da liña do Xacobeo.
No 7,1 por cento sitúase a segunda resposta máis repetida, a da volta dos festivais de música, un feito que ten se dúbida un enorme impacto en moitas partes da industria cultural e na visualización da súa actividade antes o público. O "podio" desta enumeración de impactos ten o primeiro nome propio do informe: Tanxugueiras. A preselección das cantareiras para Eurovisión e a súa participación no Benidorm Fest con indiscutible alcance planetario sitúase no terceiro posto das mencións dos axentes culturais galegos e foi citada por un 6,3% das entidades. Con estas e as seguintes sete mencións deste listado, obtemos unha imaxe diversa, que inclúe maioritariamente nomes concretos de eventos pero que tamén sinala situacións. Ese é o caso da cuarta entrada desa lista, a proxección nacional e internacional do audiovisual galego, cristalizado en eventos como a súa presenza nos Goya e nos festivais internacionais. A quinta e a sexta son os eventos Culturgal e Son do Camiño. Seguen tres exposicións que coinciden coas máis visitadas do ano: "Faraón, Rei de Exipto", na Cidade da Cultura, a organizada por Marta Ortega sobre Peter Lindbergh na Coruña e "As Miradas de Isaac" tamén na Cidade da Cultura. Os actos ao redor do DÃa das Letras Galegas pechan as dez primeiras posicións.
Ocupan os seguintes postos eventos e producións culturais como os Premios Mestre Mateo, os festivais de Cans e Sinsal, Cineuropa e as actuacións da Orquestra Sinfónica de Galicia. Completan as 20 primeiras posicións O Marisquiño, o filme "Nación" de Margarita Ledo, os festivais de la Luz e PortAmérica e o programa "O PaÃs das Bandas". O resto de respostas máis frecuentes, que agrupan ata un total de 30 eventos e accións foron o Bono Cultura da Xunta, a Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, o centenario do falecemento de Emilia Pardo Bazán, o filme "Cuñados", Arde Lucus, o disco "Peixe", de Xisco Feijóo, as actuacións da Real FilharmonÃa de Galicia, o Festival de Cine de Ourense, Atlantic Fest e o San Froilán.
Sector en recuperación
Como é normal desde a publicación do primeiro destes Barómetros en 2020, o impacto da crise sanitaria no eido cultural segue a ser un dos eixos da enquisa pero con esta entrega amplÃanse máis alá diso os enfoques entrando noutras perspectivas sobre como o sector se ve a si mesmo e outras consideracións sobre a súa propia conformación a nivel de perfil dos seus profesionais. No relativo ao impacto e recuperación económicas, a partir dos datos obtidos polos tres barómetros anteriores, o Observatorio da Cultura Galega pode ver a evolución e afirmar que a maiorÃa das entidades da cultura xa se recuperaron en termos de facturación ou orzamento (ou prevén recuperase en 2022) dos efectos da crise sanitaria, incluÃdo o 30,4% que nunca viu reducido os seus ingresos. Con todo, un terzo non pensa recuperarse ata 2023 ou máis tarde, polo que para estas entidades os efectos son severos. As entidades máis pequenas e as actividades relacionadas coas artes escénicas e musicais e as artes gráficas teñen máis dificultades para recuperarse das consecuencias da pandemia. Constátase nestas respostas unha clara diferenciación relativa ao tamaño das empresas resultando que as meirandes amosan unha maior capacidade para a recuperación fronte as dificultades daquelas de menor tamaño, unha situación que segundo casares, responde "á lóxica do mercado" polo cal o tamaño supón tamén unha maior capacidade para aguantar estas situacións.
A redución das restricións no relativo aos espectáculos fai que sexan xustamente os sectores das artes escénicas e da música algúns dos que comecen este ano con mellores expectativas de recuperación. A volta das posibilidades de mobilidade de público sen restrición de entrada sitúa entre os máis optimistas da cultura todos aqueles axentes que teñen que ver co música, teatro, danza, espectáculos e museos, un optimismo que ten a súa lóxica na situación máis catastrófica da que estes subsectores partÃan nos anos anteriores. O 43% das empresas consultadas neste barómetro afirma que aumentou en 2021 respecto de 2020 a facturación (no caso das empresas) ou o orzamento (no caso das entidades sen ánimo de lucro e as administracións) e un 51% prevé que aÃnda sigan crecendo en 2022. Destaca tamén que un terzo estima unha situación de estabilidade económica que influirá nunha estabilidade nos cadros de traballadores actuais, cando non crecemento, Se o 48% declaraba moi positivo o 2021, o 66,7% percibe que este será un ano mellor ou moito mellor para a cultura que o anterior. Con todo, estas enquisas realizáronse a principios de ano, co cal non inclúen o clima xerado tras da guerra en UcraÃna, as subidas vertixinosas dos prezos da enerxÃa e os carburantes ou a crise dos transportes destes meses, que poderÃan ter unha influencia considerable nestas estimacións.
Fortalezas, debilidades e falta de profesionais
Os responsables das entidades tamén sinalaron as principais fortalezas e debilidades da cultura galega no momento de facer a enquisa, a principios de ano. Precisamente, o problema máis citado é a pandemia e as restricións derivadas dela. Séguelle un grupo de respostas relacionadas coa falta de investimentos, recursos e subvencións e coa carencia de apoio institucional e dunha polÃtica cultural axeitada. Ademais se sinala a falta de visibilidade e de promoción da produción cultural. Outro grupo destacado de respostas sinala a existencia dun mercado cativo e falta de interese social. O último dos consensos aglutina outro problema conxuntural como é a crise económica e a suba de prezos. En canto ás fortalezas, destacan de maneira clara o talento, a creatividade e a profesionalidade da xente que traballa no sector. A segunda resposta, que tamén suscita un acordo destacable, é a que sinala a calidade, a variedade e amplitude da produción cultural. Pechan as respostas máis destaca-das aquelas referidas á riqueza do patrimonio, da tradición, da identidade, da lingua e da cultura galegas.
Ante a pregunta que a enquisa do barómetro realizou sobre o grao de dificultade coa que se atopan as entidades do sector cultural galego para conseguir profesionais especializados que cubran os postos de traballo que se precisan, o resultado amosa que ata o 49% afirman que teñen claras dificultades para cubrir as súas necesidades nese sentido. Por tipo de entidade o informe mostra que son as empresas as que máis difÃcil teñen a provisión dos seus postos vacantes (2,71, fronte a cifras en torno ao 2,53 das de titularidade das administracións públicas e entidades sen ánimo de lucro). As maiores diferenzas neste indicador atópanse na segmentación por actividade especÃfica. AsÃ, os niveis máis elevados de dificultade para conseguir persoal especializado afectan ás entidades dedicadas á música (2,96), ás artes gráficas e actividades relacionadas (2,90), ao teatro, danza, espectáculos e actividades auxiliares das artes escénicas (2,87). Fronte a estes segmentos, só presentan valores inferiores ao 2,5 as bibliotecas, arquivos e actividades relacionadas (2,17), museos e actividades relacionadas co patrimonio cultural (2,37) e actividades das administracións públicas (2,48).
Peso das artes visuais
En canto á proporción que as actividades supoñen na cultura galega o sector que máis achega á produción, segundo este traballo, é o chamado de artes visuais, que inclúe actividades de deseño, fotografÃa, creación artÃstica e de fabricación e comercio de bens relacionados con elas, asà como algunhas fases da arquitectura e da publicidade; a segunda en importancia é o sector do libro e da prensa; en terceiro lugar, atópase o audiovisual e multimedia (radio, televisión, cine, vÃdeo e música gravada); a cuarta é o sector das actividades de explotación do patrimonio artÃstico e monumental, arquivos e bibliotecas; a quinta compóñena as artes escénicas (teatro, ópera, concertos musicais e outros moitos tipos de espectáculos escénicos en vivo) e a última é a chamada interdisplinar, que recolle a actividade de regulación das administracións públicas.
Deste xeito e tras realizar as oportunas ponderacións, comprobouse o peso destacado do segmento das artes visuais (31,4 %), que inclúe pintura, escultura, fotografÃa, arquitectura, publicidade, deseño, etc. En segundo lugar, sitúanse as entidades relacionadas co audiovisual (cine, vÃdeo, radio, televisión e actividades relacionadas), que constitúen o 14,9%. Superan tamén o 10% as entidades dedicadas á educación cultural (academias, escolas e conservatorios de música, artes escénicas, artes visuais, etc.), como terceira actividade con maior presenza no universo de estudo. Entre o 5% e o 10% sitúanse actividades como a edición de libros, publicacións periódicas e actividades relacionadas (9,4%), as artes gráficas e actividades relacionadas (7,5%), o comercio de libros e publicacións periódicas (7,3%) e os museos e actividades relacionadas co patrimonio cultural (5%). As entidades relacionadas co teatro, danza, espectáculos e actividades auxiliares das artes escénicas supoñen o 4,2%. Os demais segmentos desta clasificación presentan pesos relativos inferiores ao 4%, que se corresponden, en todo caso, co seu peso económico no conxunto do universo da cultura galega segundo debuxa este IVº Barómetro. O informe inclúe outras carácterÃsticas sobre a distribución e segmentación das empresas, por subsector e tamañas, os seus cadros laborais e os perfÃns dos postos directivos.