Chegou á fin a obra da fase de consolidación de infraestruturas hidráulicas e de reconstrución do mosteiro de Bon Xesús de Trandeiras na Limia. O mosteiro, orixinario nas súas partes máis antigas do ano 1523, está incluÃdo no Plan Básico Autonómico e no plan urbanÃstico municipal con nivel de protección integral. No conxunto de construcións que forman o mosteiro destaca o sistema de abastecemento de auga, formado por varias fontes e captacións, conducións e depósitos en estado de grave deterioración. A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, e o Concello de Xinzo de Limia, foron as impulsoras destas obras que saÃron a licitación en novembro de 2022 e que agora ven a súa conclusión tras un investimento de 717.000 euros. "Rescatamos do esquecemento un importante e simbólico elemento patrimonial e cultural do século XVI, que en si mesmo valoriza a auga como elemento crave nas actividades diarias, na economÃa e no desenvolvemento das civilizacións" concluÃu José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil O mosteiro do Bon Xesús de Trandeiras estivo durante moitos anos nun estado ruinoso, sen teito e con outros graves deterioros, que fixeron que estivese durante moitos anos nas "listas vermellas" de patrimonio en risco.
Para paliar esta situación, iniciouse un proceso de recuperación con varias fase. Nesta procedeuse á consolidación dos restos que se conservan deste conxunto monacal e das súas infraestruturas hidráulicas, nos preto de 500 metros de canalizacións; incluÃda a retirada, clasificación e provisión de materiais desprendidos da propia fábrica do edificio, asà como de terra e outros restos, que nalgún punto alcanzaban varios metros de altura. A continuación, consolidáronse as coroacións de todos os muros en mal estado, volvendo montar, cos materiais existentes in situ, os muros que resultaban de evidente reconstrución. Retirouse e limpou toda a vexetación dos elementos pétreos do edificio, consolidando todas as construcións para frear a súa deterioración e facer posible a visita do público. Nesta fase de limpeza, consolidación e recolocación de elementos, identificáronse estruturas e elementos non visibles anteriormente, entre as que destacan especialmente o lavatorium, na esquina norte do patio do claustro, e a ampla tenerÃa, situada ao sueste do edificio principal.
Paneis para iniciar as visitas do público
Todo o traballo foi documentado e coordinado coa axuda dun arquitecto e un arqueólogo, especialistas en intervención en edificios históricos, xerándose información extraordinariamente importante para comprender a vida neste tipo de comunidades. A obra finalizou coa instalación de portas nos accesos e a pavimentación, balizamento e sinalización, nun percorrido no que en próximos dÃas instalaranse paneis informativos do conxunto, que farán posible as visitas didácticas do mosteiro e o seu conxunto. As seguintes fases contemplarán unha maior definición dos usos do inmoble, como a adaptación da sancristÃa como espazo informativo ou de celebración de eventos. O mosteiro de Trandeiras foi fundado no século XVI e é un dos escasos representantes do estilo manuelino portugués en Galicia.