O Concello da Coruña e a Xunta de Galicia anunciaron este 28 de febreiro que impulsan conxuntamente a declaración como Ben de Interese Cultural para os murais de LugrÃs que se conservan na rúa Olmos. Logo de meses nos que este expediente estaba, segundo a ConsellerÃa de Cultura, pendente de documentación que debÃa remitir o goberno local, as dúas entidades recoñeceron que estes informes están xa en mans da administración autonómica e que este mesmo dÃa 28 se celebrou unha xuntanza entre representantes das dúas institucións con este fin.
O persoal da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural está a revisar agora a documentación remitida, mais a que xa posúe a propia consellerÃa sobre estas pezas, con vistas a realizar a incoación do expediente de declaración como BIC. Desde o momento en que a incoación se publique no Diario Oficial de Galicia, as obras pasarán a contar de xeito preventivo coa máxima protección legal, que obriga a comunicar á Xunta a súa exportación e lle dá dereito a as adquirir en caso de venda.
Segundo destacan as dúas entidades, con esta medida "búscase dar a máxima protección patrimonial a estas obras baseándose no seu valor artÃstico e orixinalidade, tendo en conta ademais o interese común por manter as obras na cidade da Coruña, a importancia de que non se disgreguen e se manteñan xuntas no futuro, no marco do actual proceso concursal en marcha, asà como a posibilidade de que sigan sendo públicas, garantÃndolle o acceso á cidadanÃa en calquera situación". O Concello anunciou a súa "máxima colaboración" neste proceso.
En paralelo, diferentes medios deron a coñecer as contÃas das ofertas realizadas polos murais, en venda mediante un procedemento concursal. A empresa Prolar Arte S.L, responsable da viguesa GalerÃa Montenegro, encabeza a poxa polas obras por 40.100 euros. Supera asà os 30.000 de Redondela Investments S.L., empresa que quere adquirir os edificios nos que están as obras, os 35.000 da Xunta, e os 36.000 dunha oferta particular.