Un Velázquez viaxa do Prado a Lugo

A obra 'Sibila' exporase no Museo Provincial grazas a un programa de cesións temporais do Museo do Prado

13/3/2024 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
33 lecturas | Compartido 0 veces

Sibila, de Diego Velázquez

"A arte que conecta" é o nome do programa polo cal o Museo Nacional do Prado, grazas á colaboración de Telefónica, vai espallar este ano ata 18 obras mestras do seu fondo por outros museos da xeografía española. Esta iniciativa presentada hoxe traerá a Galicia, en concreto ao Museo provincial de Lugo, unha única obra para a súa exposición con carácter temporal. Será o cadro "Sibila", atribuído a Diego Velázquez que agora está exposto na Sala 14 do Prado. Este cadro datado no ano 1632 e un óleo sobre lienzo, de 62 x 50 centímetros. Nun período comprendido entre o 10 de xuño e o 7 de xullo estará exposto nas salas da entidade luguesa. Ë un retrato de muller, cuxa identidade algunas fontes atribuíron á da propia esposa do pintor, Juana Pacheco, que representa a unha profetisa (sibila) da cultura grecorromana.

Ligazóns externas

Universo culturagalega.gal

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lugo, Museo do Prado, Pacheco, Identidade...