Unha exposición recuperará a pinturas de bodegóns do Museo do Prado

A Fundación Caixa Galicia e o Museo do Prado renovaron o convenio que fai posible esta mostra

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

En 2005, a Fundación Caixa Galicia iniciou unha colaboración co Museo do Prado para participar nun programa que permitiu que as obras do museo madrileño saíran por primeira vez da súa sede. Despois chegaron outras colaboracións, como a mostra do retrato español que se converteu nun éxito de público no 2008. Agora, os responsables de ambas entidades acaban de renovar ese convenio que terá como froito dúas exposicións. A primeira, abrirá as súas portas o 24 de xuño e, baixo o título o El bodegón español no Prado, revisará o desenvolvemento do bodegón en España durante os séculos XVII, XVIII e parte do XIX.

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museo do Prado, Fundación Caixa Galicia, Exposicións