Catrocentas obras de arte propiedade do Museo do Prado están prestadas a diferentes entidades galegas

Os 400 do Prado

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Distintos museos e institucións do país custodian en préstamo nada menos que catrocentas obras de arte propiedade do Museo do Prado. Así o revelaba onte "La Voz de Galicia!", xornal que sinala ademais que ata trinta destas pezas están na actualidade en paradoiro descoñecido. Despois dos 163 debuxos que o museo madrileño xa lle reclamou á Escola de Artes de Santiago, o Museo de Pontevedra é o segundo centro que máis préstamos acumula, con 67 obras.

Máis información en La Voz de Galicia e nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museo do Prado, La Voz de Galicia, Museos, Museo de Pontevedra...