Institucións galegas ignoran a ubicación de obras prestadas polo Museo do Prado

Préstamos... sen volta

O Museo do Prado cedeu a unhas once institucións galegas un total de 46 obras para completar as súas exposicións na última década. Un préstamo que a día de hoxe non saben onde se atopan. E é que logo de facer cálculos (que se cristalizaron no informe de fiscalización do Prado, a cargo do Tribunal de Contas que, aínda que é do 1998, deuse a coñecer o ano pasado) ignórase a ubicación de 35 das 46 obras. Un feito que fixo que tres deputados galegos do PSOE solicitaran ó Congreso que se iniciase unha investigación para determinar tanto o paradoiro destas obras como se existen mais obras nesta situación.

Contas do reconto




O Tribunal de Contas (organismo encargado de facer un reconto do patrimonio da pinacoteca nacional do Museo do Prado) fixo en 1998 un informe de fiscalización no que se apreciou que entre todas as súas obras prestadas a Galicia, descoñecíase o paradoiro de 45 delas. Unha vez feito un listado de cadros que se prestaron e o seu destinatario, procedeuse á habitual tramitación de preguntar ás once institucións pola situación actual das obras catalogadas que foron prestadas no seu momento. Na rolda de recoñecemento desas 45 obras séguese a perder o rastro de 36.
Das nove aparecidas, que foron confirmadas por tres organismos galegos ó Tribunal de Contas, confirmouse a súa ubicación no Museo de Pontevedra (con dúas obras), a Universidade de Santiago (con seis) e outras dúas no Museo Municipal Quiñones de León de Vigo. O resto das obras seguen aínda sen saber a súa ubicación, unhas pola falta de contestación por parte dos centros implicados e outras porque non aparecen no listado de obras que acreditan que teñen no seu haber.

O Museo do Prado ten tres tipos de inventariado do seu patrimonio, que se reparten en tres programas. En primeiro lugar está o "programa prado" que integra todos os fondos con información detallada de obra e autor; en segundo lugar contan co "Prado disperso" que é unha base de datos informatizada coa ubicacións das obras que se atopan actualmente en estado de empréstimo con calquera outra institución e, en terceiro lugar, o "Rexistro Transitorio" con todas as obras que ingresan a pinacoteca ata que se incorporan ó Programa Prado.












E as que non se saben onde van


O Museo do Prado goza no seu haber con unhas das pinacotecas máis importantes do mundo. Uns fondos que distingue en tres grupos: a "Colección Real", que pertenceu Fernando VII e a Isabel II, que foi nacionalizada en 1868; a "Colección Trinidade", na súa maioría son obras desamortizadas á Igrexa; e, por último, as adquisicións, doazóns, legados e asignacións".

O Tribunal de Contas ten unha ista de depositarios, obras e autores. Un listado que fai un desglose por obras que que conta cos seguintes centros o Instituto Otero Pedrayo de Ourense (con dúas obras das que o centro manifestou non ter constancia); o concello de Pontevedra (con dúas obras que, fontes do centro, afirman ter desaparecido en 1931); a Comisión Provincial de Monumentos de Pontevedra (con oito obras. Este organismo non ofreceu contestación algunha ó Museo do Prado); a Escola de Artes e Oficios de Pontevedra (cunha obra); a Sociedade Económica Amigos del País, de Santiago de Compostela (que ten oito obras, e que manifesta que as obras non se atopan nas súas dependencias); a Universidade de Santiago (cinco obras que on figuran nos seus fondos); pecha a lista de centros con obras "desaparecidas" a Biblioteca de marineros de Vigo con seis cadros.
Como a lista é bastante grande, tres deputados galegos do PSOE, presentaron unha serie de preguntas ó goberno ó mesmo tempo que solicitaron que se abrise unha investigación, para esclarecer tanto o paradoiro desas obras como se existen outros cadros que estean na mesma situación. Ademais, estes tres membros da oposición incluiron nas súas preguntas, a posibilidade de coñecer o seu estado.