A serie Así falamos, así sentimos leva a Nabiza Girl á animación

O personaxe creado por Isabel Risco para a escena xa fora adaptado á banda deseñada e ao audiovisual

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
Fotograma de Así falamos, así sentimos

Fotograma de Así falamos, así sentimos

As redes sociais Instagram e TikTok acollerán ao longo do mes de marzo o lanzamento dos seis episodios da serie Así falamos, así sentimos. O proxecto supón a adaptación á animación stop motion de Nabiza Girl, personaxe creado por Isabel Risco, da man da produtora Algarabía Animación e co apoio das axudas a proxectos culturais singulares da Deputación da Coruña.

A serie que agora se presenta nace "co obxectivo de reforzar a identidade galega entre a mocidade, cun ton natural e desenfadado", segundo salienta a presentación do proxecto. Cada un dos episodios do proxecto céntrase nun aspecto concreto da influencia que ten o galego sobre o castelán falado. Deste xeito chama "pór en valor a potencia expresiva do galego, mesmo en ámbitos que adoitan serlle hostil".

Reseso, Pota, Esnafrar, Esmagar, Cheirar ou Refugallo son os títulos de cada un destes capítulos. O primeiro deles publicouse este 15 de marzo e os seguintes chegan ás redes sábado 16, martes 18, venres 22, luns 25 e mércores 27. A produción conta con guión da propia Isabel Risco canda a Carlos Ares, dirección artística de Manel Cráneo e Marta Horjales, música de Tiruleque e atrezzo e decorados de Laura Blanco.

Esta adaptación súmase ás versións do personaxe en teatro, á serie de animación real que conta con nove capítulos publicados entre 2021 e 2022, e mais á banda deseñada Operación Breogán, publicada por Demo Editorial en 2023.

Que che parece esta nova?
80 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Animación, Banda deseñada, Instagram, Ares...