Preséntase Caracois, a serie de animación para público infantil de OQO filmes

Consta de 26 capítulos en stop motion que adapta os contos para prelectores

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Son 26 capítulos realizados coa técnica stop motion e en galego que narra o universo dos pequenos visto polos ollos duns animaliños de xardín. A serie chámase Caracois e leva ao mundo audiovisual os cinco álbumes de NanOQOs, a colección que a editora ten para os prelectores. O proxecto presentouse no Museo de Lugo, porque a área de cultura da Deputación lucense participa economicamente nesta iniciativa (100.000 euros) que pretende falar da amizade, dos medos, do enfado, do amor e das relacións. O proxecto está pensado para nenos de 2 a 4 anos e a deputación espera que distribúa entre todos os colexios de Primaria de Galicia e chegar a un acordo coa TVG para a súa difusión.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con OQO, Animación, Contos, Museo de Lugo...

Claves

Conceptos
Lugares