A CRTVG emite 58 horas semanais de programación infantil e xuvenil

Anunciou as últimas compras de produtos para este público

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

É a maior cifra da CRTVG para contidos infantil e xuvenís. Así o asegurou Alfonso Sánchez Izquierdo, director xeral do ente, na comisión de control parlamentaria. Detallou o apoio diario que lle fai a CRTVG a través da segunda canle que se concreta en dez horas diarias de emisión, cun total de 58 semanais. Ademais, apuntou a un acordo coa empresa galega OQO que lle permitiu adquirir as series infantís Caracois e Os Contos do Camiño, feitas coa técnica de animación stop-motion; ou A Tropa de Trapo, das primeiras longas de animación realizada en España en 3D estereoscópico. Estes traballos únense ás incorporación recentes, como son Axóuxeres, As Aventuras de Minchi ou Os Bolechas.

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con CRTVG, Animación, Contos, OQO...