TVG incorpora tres series de animación galegas á programación da segunda canle

Son producións feitas en Galicia e en galego

29/4/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: audiovisual
20 lecturas | Compartido 0 veces

A tropa de trapo, Caracois e Contos do camiño comparten varios denominadores comúns: son producións de animación galegas, en galego e as novas apostas da programación da segunda canle da CRTVG, a TVG2. A primeira en incorporarse foi A tropa de trapo que xa se emite, en horario de 7:30 a 8:00 de luns a venres, e que leva a pequena pantalla as aventuras dos personaxes de A tropa de trapo no país onde sempre brilla o sol. O vindeiro luns comezarase a emitir Caracois, adaptación de formato breve (6 minutos de duración) das historais basedas no álbumes ilustrados de Armando Quintero e André Leira. En maio (en horario de 17:00 a 17:30 horas), emitirase outra adaptación literaria á pequena pantalla, a feita por OQO Films Contos do camiño.



Universo culturagalega.gal

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con TVG, Animación, Contos, CRTVG...