Tres filmes galegos reciben axuda para a amortización do ICAA

Ningunha empresa recibe axuda a conservación do patrimonio cinematográfico

As axudas a amortización son ese tipo de achegas que o Estado concede polo recadado en taquilla, e que o Estado manifestou a súa intención de eliminar. O ICAA acaba de resolver a convocatoria deste ano (que fai referencia a filmes entrenados no segundo semestre de 2010) e neles figuran as seguintes producións galegas Retornos (Vaca Films), 18 comidas (Tic Tac Produciones e Zirzozine) e A tropa de trapo no país onde sempre brilla o sol (Abano Producións e Contintental). A achega dos tres títulos suporalle ás produtoras galegas un total de 173.172,33 euros.

O Boletín Oficial do Estado publicaba onte a relación de beneficiarios que recibirán achega para a conservación do patrimonio cinematográfico, nos que non figura ningunha empresa galega. A contía que recibe A tropa de trapo no país onde sempre brilla o sol é para a produtora catalá, Anera Films, que participa ao 40% deste título.