A segunda canle da TVG sufrirá unha reestruturación no mes de abril

A produción propia implica o 60% da programación desde o mes de setembro

“En abril terá nova identidade corporativa e novos contidos específicos” así explicou Alfonso Sánchez Izquierdo, director xeral da CRTVG, os cambios do ente público para este 2010. Ademais, Izquierdo apuntou que se ampliarán os programas de debate político e que se seguirá nos mesmos parámetros de produción propia da cadea, que supoñen un 60% das horas de emisión (entre programas como Bos días, Reporteiros, Zigzag; Eirado e os informativos). O director xeral explicou na sesión da comisión permanente non lexislativa as dificultades que o novo escenario tecnolóxico, regulamentario e laboral (no que explicou as características da oferta de emprego público) estaban a influir no cumprimento dos seus obxectivos como ente público.