O director xeral da CRTVG explica que o ente público continuará a ser un motor da produción audiovisual galega

As contas da CRTVG

10/11/2006 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: espectaculos
2 lecturas | Compartido 0 veces
Benigno Sánchez, director xeral da CRTVG, estivo onte no Parlamento para dar contas sobre a xestión do ente público para o ano que vén. Alí explicou que os piares do ente público serán “o saneamento financeiro (este ano reduciuse a débeda en 31 millóns), mellora da calidade, mantemento da audiencia, eficiencia na xestión comercial”, pero sobre todo que continuará na “dinamización da produción audiovisual galega, ben sexa para a emisión polos medios propios (ficción, longametraxes ou programas entretemento) ou pola participación na coprodución. O orzamento para o 2007 é de 140.3 millóns de euros.

Universo culturagalega.gal

Contextos

Claves

Entidades
Conceptos