Os orzamentos da CRTVG para o vindeiro ano pretenden responder ao sector audiovisual, que acusaba ao ente público de non cumprir a lexislación no que afectaba á porcentaxe que de compras de produtos audiovisuais. Para o 2008, tal e como explicou no Parlamento o director xeral, Benigno Sánchez, a CRTVG destinará 42.4 millóns de euros a este afecto. Tres millóns máis que no 2008 cos que a TVG participará, xunto ás empresas galegas na coprodución de cine, pelÃculas para televisión e documentais. O orzamento do ente público medra un 3,4% (146.9 millóns en total), que se destinará ao saneamento económico e laboal, a renvoación das grellas da Radio Galega e a Televisión de Galicia (que aposta pola produción propia no que atende a cinema e series americanas) e completar o proceso de dixitalización das instalacións.