A Xunta transfire un millóns de euros á CRTVG para financiar producións audiovisuais

A medida fai parte do Plan de Apoio e Potenciación da Produción Cinematográfica

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

A semana pasada Benigno Sánchez, director da CRTVG, acudía ao Parlamento para explicar o orzamento desta entidade para o 2008. Entre as particularidades destaca un incremento da partida destinada a compras de produtos audiovisuais para poder cumprir a lexislación (que lle obriga a investir un 5% dos seus ingresos en producións independentes). Agora ben, a Secretaría Xeral de Comunicación acaba de facer pública a transferencia dun millón de euros que lle permitirá cumprir con eses obxectivos. A Televisión de Galicia disporá desa cantidade para financiar 5 producións cinematográficas, 3 películas para televisión e 5 documentais que decida.

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con CRTVG, Documentais, Televisión de Galicia, Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia (CSAG)