A CTRVG empregará un terzo do seu orzamento de explotación no sector audiovisual

A entidade dispón para o 2012 de 117 millóns de euros, un 3.6% menos que en 2011

Coproducións audiovisuais, compras de dereitos, series de ficción, programas de entretemento, producións asociadas… en resumidas contas, os produtos que impulsan o sector audiovisual galego. O director xeral da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo, anunciou onte no Parlamento que destinará a este fin unha terceira parte do orzamento de explotación da Televisión de Galicia. É unha das medidas na explicación do gasto dos fondos que disporá o ente para o vindeiro ano e que se reducen un 3.6% con respecto a 2011. En total, a CRTVG terá para o 2012 117 millóns de euros.

O director xeral da CRTG, Alfonso Sánchez Izquierdo compareceu onte pola tarde no Parlamento para dar conta das intencións e compromisos da entidade para a vindeira edición. En total a CRTVG disporá de 117,1 millóns de euros, cunha reducación de 4.3 millóns, un 3.6% menos que no exercizo anterior. En canto a como se repartirá esa cifra, Sánchez Izquierdo lembrou que o 47.9% do seu orzamento de destinará a gasto de persoal (apuntou que en 2011 a cifra era do 44,5%), mentres que destinará o 20% a facer fronte á “unha necesaria renovación tecnolóxica do grupo”. Para Izquierdo o referente é facer un “resultado orzamentario en equilibrio e reducir os niveis de endebedamento neto das contas do grupo”, ao mesmo tempo que pretende avanzar na misión de servizo público con criterios de “eficiencia e innovación”.