A TVG destinou 1.4 milóns a 17 producións audiovisuais

O 35% dos gastos de explotación destináronse á industria audiovisual

No último ano a TVG apoiou 17 proxectos audiovisuais. O director xeral da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo fixo públicas as cifras no marco da súa intervención parlamentaria. Iso implica 1.4 millóns de euros para compra de dereitos de longametraxes e tvmovies pero non concretou cales son os proxectos que se inclúen. Ademais, remarcou a importancia de “actualizar” o concepto da Televisión de Galicia como motor do sector audiovisual galego, que debe deixar de ser considerada como “o cliente preferente” para pasar a falar de “relacións colaborativas”. Por outra banda, Izquierdo destacou que a relación co sector audiovisual galego vai máis alá do cine e se estende á adquisición doutros produtos e servizos que supuxeron en 2012 o 35% do conxunto dos gastos de explotación.

Por outra banda, Sánchez Izquierdo avanzou que a TVG está a configurar actualmente unha oferta no ámbito da ficción dirixida a todo o Estado, nun proxecto compartido con outras televisións e que implicará a participación de varias produtoras galegas