O sector audiovisual inicia contactos coa dirección da CRTVG

O director xeral da CRTVG, Sánchez Izquierdo solicitou comparecer no Parlamento

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Representantes dos guionistas, produtores, realizadores, técnicos e do clúster do audiovisual reuníronse este luns co director xeral da Compañía de Radio-Televisión de Galicia, Alfonso Sánchez Izquierdo, para analizar a situación do sector. É a primeira dunha serie de xuntanzas que pretenden achegar as estratexias a abordar a longo prazo para este sector. Os profesionais levan meses denunciando o incumprimento da lexislación por parte do ente público (a lei que lle obriga a investir un 5% dos seus orzamentos) o que motivaba, na súa opinión, a paralización do sector. Ademais, segundo figura na nota de prensa remitida pola CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo solicitou unha comparecencia urxente na Comisión Parlamentaria da CRTVG para informar aos deputados sobre a reestruturación do organigrama.

Que che parece esta nova?
64 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con CRTVG, Televisión de Galicia, Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia (CSAG)