A CRTVG contratará 31,9 millóns de euros ao sector audiovisual

Alfonso Sánchez Izquierdo presentou no parlamento os orzamentos da compañía para 2017

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

A Compañía da Radio e Televisión de Galicia abordará como principal reto para 2017 a posta en marcha dun sistema de produción dixital que facilitará o desenvolvemento de contidos "multiplataforma, multimedia e multicanle". Así o aseguraba onte o director desta entidade, Alfonso Sánchez Izquierdo, na súa comparecencia ante a Comisión de Orzamentos do Parlamento de Galicia. Para o vindeiro ano a compañía contará cun total de 104,7 millóns de euros, 2,5 máis do que no pasado exercicio, dos cales, segundo asegurou o director "máis do 90% reverte directamente nos traballadores/as e na industria audiovisual galego". Nese mesmo sentido, lembrou que un terzo do orzamento total, 31,9 millóns de euros se destinarán a contratacións directas a empresas do sector. De cara a 2017 anunciou tamén un reforzo dos contidos dispoñibles no web da compañía e unha melloría na oferta xeral dos medios públicos.

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con CRTVG, Parlamento de Galicia, Televisión de Galicia, Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia (CSAG)