A débeda da CRTVG sitúase en 3,6 millóns

O director do ente sinala que o gasto de persoal supón a metade do orzamento do ente

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Alfonso Sánchez Izquierdo, director da CRTVG asegurou esta mañá no Parlamento que a compañía reduciu a súa débeda un 88% nos últimos tres anos, pasando de 88 a 3,6 millóns de euros en 2011. Segundo el, a compañía conseguiu o equilibrio orzamentario e está entre as televisións publicas europeas que menos custan por cidadán, con 35,9 euros ao ano. Malia a estas cifras. Sánchez Izquierdo sinalou que cómpre corrixir a porcentaxe do orzamento que se dedica a gastos de persoal, o 47,9 % do total, xa que considera que supón un "peso excesivo".

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con CRTVG, Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia (CSAG)