O director da CRTVG presenta un orzamento co que amortizará a débeda do ente no 2006

Televisión saneada

17/11/2004 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Con 114,35 millóns de euros, a CRTVG acaba de presentar o orzamento máis baixo das televisións autonómicas da Forta. Son as contas que o director xeral do ente público, Francisco Campos, presentou para o vindeiro exercicio económico e apuntou os obxectivos a conseguir: apoiar ao audiovisual galego, emitir en galego toda a publicidade, incrementar a información local e o lanzamento dunha segunda canle dixital de televisión que potencie a programación infantil, xuvenil, o cinema e os programas culturais. Ademais, o ano que vén a débeda se reducirá a seis millóns de euros, co que prevé que no 2006 o ente público estará saneado.

Máis información en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con CRTVG, Cine, La Voz de Galicia, Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia (CSAG)