Francisco Campos dá contas no Parlamento da actividade desenvolvida na CRTVG este ano e anuncia máis proxectos de producción propia

A televisión do 2004

4/11/2003 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
O director xeral da CRTVG, Francisco Campos, compareceu onte no Parlamento para dar conta das actividades desenvolvidas no ente público durante este exercicio e os proxectos para o ano que vén. Entre as prioridades figura continuar amortizando a débeda do ente, a renovación tecnolóxica e manter a audiencia no fondo. Pero no fondo hai unha idea clave: seguir apostando polo audiovisual galego. E neste camiño volveu recordar a implicación do ente coa posta en marcha de seis series de ficción, a coproducción de doce filmes e doce documentais que integran o Plan de Cine, telefilmes serie se e programas que está aberto a concurso público. O orzamento do ente é de 118 millóns de euros, un 3.2% máis que no 2003 (101.9 para a TVG, 8.1 para a Radio Galega e 8 para o ente).

Máis información en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con TVG, CRTVG, Cine, Documentais...