A CRTVG presenta o seu plan de producción audiovisual para o 2004

A producción a concurso

9/10/2003 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
“Plan de cine, películas para televisión, series e programas para Televisión de Galicia”. Este é o título do plan que acaba de presentar a Compañía de Radio Televisión de Galicia para o vindeiro ano 2004. Un plan que ten un orzamento de entre tres e catro millóns de euros, que se vai a resolver mediante un concurso público e co que este ente espera que se produzan douscentos capítulos de series de ficción, oito películas de cine, oito películas para televisión e doce documentais. Ademais, neste novo proxecto pretenden darlle saída aos productos, a través de alianzas con empresas nacionais e internacionais, e que produzan un beneficio entre quince e vinte millóns de euros.

Máis información no web da CRTVG

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con CRTVG, Cine, Televisión de Galicia, Documentais...