A CRTVG dá luz verde á contratación de proxectos contemplados no Plan de Cine

Era unha das reivindicacións do sector audiovisual

22/7/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: espectaculos
22 lecturas | Compartido 0 veces
Despois de varios meses de espera, a Compañía de Radio Televisión de Galicia acaba de aprobar unha partida de 4.6 millóns de euros para a contratación de producións audiovisuais galegas. Trátase da reactivación do chamado Plan de Cine que puxera en marcha o bipartito. Desa cantidade, 3.9 millóns servirán para desenvolver 9 longametraxes, seis películas para televisión e a precompra dos dereitos íntegros de explotación en galego de tres tv-movies. Os 700.000 euros restantes servirán para apoiar 47 documentais. Deste xeito, cúmprense unha das demandas reivindicadas desde o sector que consideraba
Os títulos das longametraxes: Retornos, da produtora Vaca Films Studio SL O Apóstolo, de Artefacto Producciones SL; Cela 211, de Vaca Films Studio SL; Relatos, de Matriuska Producciones SL; Elemental Child, de Iceberg Audiovisual SL; Link, de IB Cinema; Sweet Dreams, de Sun Lúa; O Sexo dos Anxos, de Continental Producciones SL Os Crebinksky, de Pulsa Control Z. Os títulos das películas para televisión: Mar Libre, da produtora Ficción Producciones; Arcos, de Directo de Información SL; Miña Nena, de Adivina Producciones; Voltar á Casa, de Formato Vídeo SL; Outro Máis, de CTV e Filmanova, e O Bonito Crime do Carabineiro, de Zenit TV SA. As tres restantes, das que a Galega posúe os dereitos de explotación son: As Reliquias do Santo, de Bren Enterteinment SA; Fútbol de Alterne, de Filmanova SL, e Vacas, Porcos e Zapatos de Tacón, de Voz Audiovisual SA.

Universo culturagalega.gal