Televisión de Galicia presenta as bases do seu plan de apoio ao sector audiovisual

O documento resposta a algunhas das críticas que os profesionais lle facían ao ente público

17/9/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

É un documento de mínimos, que pacta as condicións básicas polas que a CRTVG apoiará e potenciará a produción audiovisual galega ata o 2010. O documento foi publicado no web a CRTVG e resposta ás demandas que o sector lle transmitiu a Emilio Pérez Touriño nunha xuntanza no pasado mes de xuño. O documento establece que destinará 13.120.000 euros a precompras (dereitos de emisión sobre a versión galega e dereitos de explotación comercial) ou encargos de produción de longametraxes e películas para televisión e documentais. A convocatoria sairá publicada ao longo do mes de outubro e, entre os seus criterios figura a versión orixinal en galego, equipo técnico e artístico galego, rodaxe en Galicia e o plan de financiamento.

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con CRTVG, Televisión de Galicia, Emilio Pérez Touriño, Documentais...