Televisión de Galicia presenta o seu plan de apoio cinematográfico

Contará con tres fases para presentar proxectos e conclúen o 30 de outubro

14/1/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

O sitio web da Teleivisón de Galega contén as bases da convocatoria do seu Plan de Apoio Cinematográfico para este 2010. O programa está dirixido á contratación mediante precompra de determinados dereitos de explotación ou de emisión de longametraxes (cine), películas para televisión (tv movies), longametraxes documentais ou ben desenvolvemento de proxectos. A convocatoria detalla os importes máximos (250.000 euros por película de cine, sempre que non supere o 40% do orzamento total; 335.000 euros para tv movies e un tope do 60% do orzamento) e os prazos límites de presentación e adxudicación dos orzamentos.

Que che parece esta nova?
25 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Televisión de Galicia, Documentais, Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia (CSAG)