Escolares de trece localidades subiranse á Caixa dos Mistos

A iniciativa leva un tempo desenvolvéndose con grande éxito de público

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

É unha caravana ambulante que leva consigo unha sala de cine itinerante cun catálogo de películas para público infantil. A Caixiña dos Mistos é un proxecto que desenvolve Mr Misto e que este ano conta co apoio do Xacobeo para levar a súa iniciativa lúdica e cultural a 13 localidades do Camiño Francés. Os asistentes (ten capacidade para 15 persoas) elixen “á carta” as películas proxectadas e votarán os títulos que máis lle gustaron co fin de establecer un ránking. Ademais, de xeito paralelo ás proxeccións, desenvólvese unha serie de actividades como pasatempos, recortables ou obradoiros de stop-motion con plastilina.

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Camiño Francés, Cine, Xacobeo

Claves