Mr.Misto presenta un proxecto para achegar cine infantil a toda a xeografía galega

O proxecto presentouse no marco de Equiocio, o salón do cabalo de Ferrol

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

O salón do Cabalo de Ferrol, Equiocio 2009 foi o punto de partida da Caixiña dos Mistos. Trátase dunha caravana ambulante que pretende dar a coñecer o cine a través de curtas, series e películas pensadas para os nenos e nenas. É un proxecto distribución e exhibición de cine infantil que pon en marcha a produtora Mr.Misto, que xa conta con experiencia neste tipo de iniciativas de divulgación de traballos audiovisuais. A caravana da Caixiña dos Mistos pretende chegar ao contorno rural, pero tamén a barrios de cidades e vilas galegas como alternativa lúdica e cultural.

Que che parece esta nova?
53 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Ferrol, Xeografía, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)