"O que queriamos era facer un espazo fixo no que a xente puidera ver curtametraxes". Con estas palabras Xoán Misto define a Rede Galega de Cinema Alternativo, un espazo no que pretende levar curtametraxes de diferente procedencia a espazos galegos para habituar a xente a ver este tipo de traballos. E todo isto desde o selo Mr Misto.
Mr Misto é o nome co que Xoán Mariño, Mikel Fuentes, Fátima Sérrano e Iago RodrÃguez crearon unha sociedade que ten como obxectivo difundir a curtametraxe nun circuÃto que denominan a Rede Galega de Cinema Alternativo.
Prendendo o misto
"O equipo que traballamos no proxecto xorde do Máster de Xestión e Produción audiovisual da Universidade da Coruña e o Grupo Voz. Alà vimos un oco no mercado que era o problema da comercialización e da exhibición da curtametraxe". A idea inicial era moito máis pretenciosa, porque o que querÃan era montar un festival mais, ante a existencia de eventos deste tipo no panorama cinematográfico galego, desbotárona. Segundo Xoán Mariño, "esa idea era un pouco redundar no mesmo, e o que habÃa que facer era un festival diario, que houbera un espazo no que ver os traballos que se estaban a facer".
"Unha vez que a idea estaba perfilada fixemos, continúa Xoán, un plan de negocio a cinco anos cunha serie de variábeis e montamos un sistema para habilitar diferentes espacios". O plan de viabilidade de empresa gañou un premio da Universidade de Vigo no campus de Ourense e, o que era unha idea acabou facéndose realidade.
O misto comeza a arder
No mes de maio, o equipo de persoas, constituÃda como Mr Misto comeza a tecer a Rede Galega de Cinema Alternativo. En principio puxeron en marcha un proxecto piloto no que estaban cinco espazos sitos en Santiago, Ourense, VilagarcÃa, Vigo e Culleredo. Era o plan piloto de proxección de curtametraxes, xermolo co que pouco a pouco están a configurar o espazo. Asegura Xoán que "comezamos asÃ, un proxecto no que pretendemos contactar cunha serie de espazos tanto de xestión pública e privadas para estabelecer unha vÃa estable". É dicir, por unha banda, contactarán tanto con espazos e locais de lecer privados como con casas de cultura e con espazos dependentes de diferentes concellos. A idea é crear unha rede o máis tupida e extensa que se poida dentro da xeografÃa galega. Neste sentido, cómpre apuntar que xa tiveron algunha chamada dalgún espazo desde Ponferrada e desde Madrid para desenvolver a idea.
Mais o proxecto vai un pouco máis alá que a exhibición de curtametraxes, porque pretende incluÃr a presenza de actores e dos propios directores dos traballos nas proxeccións. Mais coma non sempre será posÃbel a presenza en directo, algunhas veces será a través dunha gravación.
"O tema de produción estase a levar de xeito estupendo, explica Xoán, a nosa idea é conxugar cousas nacionais e internacionais". Nese sentido nunha mesma proxección pode haber traballos chegados de Vigo, A Coruña, Madrid, Barcelona ou mesmo desde Francia. Nese sentido desde Mr Misto están pechando acordos con diferentes escolas de Imaxe e Son dalgunhas desas cidades para poder traer cousas. "O importante, di Xoán, non é só que se vexan os traballos que se están a facer aquÃ, senón tamén ver un pouco as cousas que se están a facer fóra". Mais segundo el mesmo, non para facer comparacións, senón para poder comprobar cal é o estado da cuestión. A dÃa de hoxe, os organizadores dispoñen de cincuenta curtas que proxectan en bloques de catro en cada sesión.
Mais como todo proxecto non é un camiño de rosas, e os principais atrancos son de dous tipos. Por unha banda económicos e pola outra de infraestruturas. Para o primeiro, "o que pedimos aos espazos é un mÃnimo negociábel para cubrir gastos de desprazamento e unha entrada que negociamos -un terzo para sala, un terzo para produtores e un terzo para nós-". Mais a entrada de dous euros (cunha media de 40 espectadores) é insuficiente para cubrir todos os gastos. Por iso "estamos vendo outras fórmulas como os patrocinios, porque como algúns dos nosos centros son espacios-café, poder ser vantaxoso para algunhas marcas". E, polo outro lado, están os problemas de infraestruturas, porque moitas veces os espazos de proxección non contan co material técnico necesario e teñen que facilitalo desde o propio equipo de Mr Misto.
O misto e outros mistos
Quixo a casualidade que Mr Misto comezou a traballar sobre este proxecto de distribución de curtametraxes, ao mesmo tempo que a ConsellarÃa de Cultura a través do Consorcio do Audiovisual votaba a andar o proxecto de "Curtas 03". AÃnda que ambas iniciativas se dedican á distribución de curtametraxes, existen diferenzas. Curtas 03 é un proxecto de promoción de traballos galegos en Galicia e no estranxeiro (que elaboran a través de dous catálogos) e, por outro lado, a Rede Galega o que fai é crear un circuÃto estábel, un espazo fixo no que ver traballos xa non só de aquÃ, senón de diferentes espazos. AÃnda asÃ, desde Mr Misto están agardando a resposta do Consorcio do Audiovisual para poder abrir vÃas de colaboración conxuntas.